Axenda

1º Aniversario Krazzy Kray!
From sexta feira 13 decembro 2019
To domingo 15 decembro 2019
Vistas : 377

Cae o primeiro de moitos, e celebrámolo tal que así:

ENTRADA LIBRE TODA A FIN DE SEMANA

VENRES 13. 23:55h

Lysergic Jam Vol.1: Jam session aberta dirixida por Nico Rodríguez. A banda base está formada nada máis e nada menos que por Antón Torroncho ao baixo, Carlos Gil nos teclados, Lucas Fernandez á guitarra, a voz de Betty Amy e o propio Nico na batería. Eles abrirán cun par de temiñas e logo comezará a mestura de artistas presentes para que o talento flúa e a maxia apareza!

Lista de Spotify cos temas da Jam, bota unha escoita e súmate ao que queiras! : https://open.spotify.com/playlist/1WEjGgt2NYZKJ1SJ1O8Iwm?si=3vbIqwLkSuK_7QELL7QXKw

- Chicken: Maceo Parker
- Chameleon: Herbie Hancock
- Funk for your ass: Fred Wesley
- Hoochie Coochie Man: Eric Clapton
- Get Up offa that Thing: James Brown
- Come on, come over: Jaco Pastorius
- Sweet Home Chicago: Eric Clapton
- Sexy M.F.: Prince
- Born under a Bad Sign: Albert King
- Cissy Strut: The Meters

Little Pi DJ Set: O noso irmán Miúdo (pero maior) mándanos ao seu patrón directo aos pratos para culminar noite. Ollo que se trae baixo o brazo especialmente para a ocasión a súa nova birra #Allright , creada baixo a xuntanza WildThreesome Nomad Brewing da que forma parte.


SÁBADO 14. 23:55h

The Homens: A mítica banda compostelá regresa aos escenarios e veñen regalarnos un concerto especial para a ocasión

Las Hijas de ZP: Pinchada ecléctica, impredecible e misteriosa, tanto como as xefas dos pratos. Sabemos que son dúas integrantes de Agoraphobia, pero cales aparecerán desta vez?


DOMINGO 15. 19:00h

Krazzy Merenda con Family Folks: Logo de tremendo finde ben nos merecemos unha boa panzada que nos cure a resaca e nos deixe, se cabe, aínda mellor sabor de boca. A banda viguesa de country e folk poñerá a guinda do pastel

e repetimos...
ENTRADA LIBRE TODA A FIN DE SEMANA

QUEREMOS VERTE AQUÍ, AÍNDA QUE SEXA DE ANO EN ANO!

Lugar: Krazzy Kray! - Cambados
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.