XOVES 19 AS 21:00 ALÓ DJANGO Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos “manouche” centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt. Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa presenza do claqué e a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, de onde veñen parte do seus integrantes. Finalmente en Aló Django temos como obxectivo fundamental difundir a música manouche, a través dun concerto con moito swing e humor. Se pensas que o o jazz é aburrido,é que aínda non escoitaches a Aló Django.
Entrada: 7,00 €
Location : Casa das Crechas - Santiago de Compostela