Axenda

Ortiga
sábado 21 decembro 2019, 22:00
Vistas : 105

ORTIGA presenta "Chicho & sus chichas" ORTIGA presenta "Chicho & sus chichas"" na sala Karma de Pontevedra o 21 de decembro ás 22:00 h.
Alguén deulle a Chicho unha lanterna para alumear un punto cego entre a música de verbena, a cumbiatune, o metalcore, o autotune diabólico, a salsa e a música latina de baile,o son MIDI, a música que soa en mercadillos e puotos de gofres e a capacidade innata por crear melodías que o mesmo valen para menear o bullarengue que para facer pogo violento. E é que, quen fora ata hai tan só algunhas semanas a metade (a metade peluda, concretamente) de Esteban & Manuel, renace agora da terra en forma de pranta silvestre, con pinchos pero imposible de arrincar do chan: ORTIGA, proxecto en solitario no que Chicho traerá as súas (sic) chichas, as súas melodías pop, a súa querenza verbeneirai e esa inapelable destreza para crear un imaxinario sonoro no que conviven Rubén Blades, a Orquestra Panorama, Metallica, Bad Bunny, a Miami Sound Machine, Omar Souleyman ou o xitano, a cabra e a trompeta.

As entradas para o concerto de ORTIGA na sala Karma de Pontevedra o 21 de decembro ás 22:00 h. teñen un prezo de 10€ (12€ en taquilla).

Lugar: Sala Karma - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.