Axenda

A Banda da Loba
sábado 18 xaneiro 2020, 22:00
Vistas : 272

A Banda da Loba
18 xaneiro | 21:00h (portas)
6€ anticipada (+ gastos)
Venta de entradas: www.eventbrite.es


Despois do éxito acadado co seu primeiro disco, Bailando as rúas, A banda da Loba presenta o seu segundo traballo, Fábrica de luz, composto por doce cancións que prometen non deixar a ninguén indiferente.

Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

A banda da Loba é música con M de muller, diversidade, enerxía e música caleidoscópica que bebe de tódalas fontes totalmente libre de complexos. Os seus directos son adrenalina, compromiso e diversión a partes iguais.

Únete á fabricación!


Lugar: Sala Capitol - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.