Axenda

Kaleikia + Acid Mess
quinta feira 05 marzo 2020, 21:00
Vistas : 197

Este xoves 5 temos unha boa preparada no Liceo Mutante, anotade! Acid Mess (Asturias) e Kaleikia (Galiza) virán deleitarnos coas súas respectivas músicas progresivas, ambas altamente propicias tanto para o trance, a introspección, coma para movermos a gusto a cachola!

Acid Mess son un trío ovetense formado por Tony, Miguel e Borja. O deles é o heavy psych/prog rock, co cal levan dando tralla e publicando dende o ano 2012, aquí podedes escoitar os seus traballos:

https://acid-mess.bandcamp.com/album/ii
https://acid-mess.bandcamp.com/album/madre-muerte
https://acid-mess.bandcamp.com/album/creedless
https://acid-mess.bandcamp.com/album/i

Kaleikia son un cuarteto que lle dan ben forte e bonito ao rock progresivo e ao post-stoner formado por Pilar Fdez Yuste (Piano, Arpa Cèltica) Manuel Kölmel Rodriguez (Baterìa), Pablo Senra (Baixl) e Manu Méndez (Guitarra). Co seu debut, Oileán Fada, compartirán con nós as paisaxes e a historia do seu lugar de orixe, Sanxenxo e arredores, todo expresado a través da intuición musical. Podedes botar unha escoita por aquí:

https://kaleikia.bandcamp.com/
https://www.youtube.com/watch?v=bVH1GDfc5lk


Música libre verbas para facer viaxar a alma e desentumecelo corpo, non o perdades! Todo isto é máis alá no teu recuncho espiritual de garda, o Liceo Mutante. O prezo da entrada, coma sempre, a vontade entre 5 e 10 euros, irá para as bandas. Tamén haberá rica cea vegana.

Bendiciones!!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.