Axenda

Lamprea Explosiva + Finale
sexta feira 13 marzo 2020, 20:30
Vistas : 164

O venres 13 teremos pesadelo punk amigable no Liceo. Novas xeracións do esputo, everybody!

Por unha banda, acolleremos por primeira vez ás Finale, novo sangue do lóstrego valenciá, que NON - PUTO - CESA. Calambre Larseniano de vómito, pis e futuro. Dixen futuro? FUTURO NON, claro. Massima electricidade, massima rúa, massima contorsión skateboardingorxatapunk. Absolutamente esencial.

https://www.youtube.com/watch?v=K0r8U3wl8kM


E pola outra, as nosas Lampreíñas. Agora metidas nun proxecto ambicioso para acadar fama indie e meterse na radiofórmula, Hoyempiezatodo, Carolinadurantismo, etc., Die Eksposiven Lamprehen nos veñen explicar a movida con mini-furóns de melodía sinxela e directa a patata. Desde Vigo. Para o mundo.

https://www.youtube.com/watch?v=V962z0UsBK0
https://www.youtube.com/watch?v=xuDYOz30oTU

Todo iso e menos por un donativo entre 5 e 10 pavos que lles daremos a elas directamente, non vaia ser que saquen a navalla ou a dialéctica antifeixista e nos fagan putas trizas!

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.