Axenda

Ses-ADIADO
sábado 14 marzo 2020, 21:00
Vistas : 200

COMUNICADO DE APRAZAMENTO DOS CONCERTOS DE SÉS EN MARZO

Ante a situación excepcional que estamos a vivir e seguindo as instruccións do Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galiza no referente a eventos masivos, vémonos na obriga de adiar os concertos de presentación de “Liberar as arterias” do mes de marzo.

As cidades afectadas por este adiamento son Lugo, A Coruña e Bilbao; a continuación detallamos toda a información sobre novas datas e xestión das entradas adquiridas.

LUGO – Sala de Conciertos Tebras
Data: Sábado 14 de Marzo ADIADO!!
Nova data: Xoves 30 de Abril
Entradas: As entradas adquiridas no punto oficial de venda, Entradas Ataquilla.com, serán válidas para a nova data do concerto. Para quen prefira a devolución do importe, poderá solicitalo nun prazo de 10 días a traves de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

BILBAO – Kafe Antzokia
Data: Venres 20 de Marzo ADIADO!!
Nova data: Por cuestións de axenda, esta data adiarase a despois do verán.
Entradas: Para a devolución do importe da entrada contactade co punto de venda oficial See Tickets https://www.seetickets.es/customerservice . Estas entradas NON serán validas para a nova data de Bilbao de despois do verán, pero SI que serán validas para o concerto do 16 de Abril na sala Dabadaba de Donosti.

A CORUÑA – Palacio de la Ópera
Data: Domingo 22 de Marzo ADIADO!
Nova data: Domingo 3 de Maio
Entradas: As entradas adquiridas no punto oficial de venda, Entradas Ataquilla.com, , serán válidas para a nova data do concerto. Para quen prefira a devolución do importe, poderá solicitalo nun prazo de 10 días a traves de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Para calqueira tipo de dúbida ou aclaración, podedes poñervos en contacto con nós a traves de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Moitas grazas pola vosa compresión. Tíñamos moitísimas de presentarvos ao vivo “Liberar as arterias”, teremos que agardar un pouco, pero estamos traballando para que as presentacións sexan, se cadra, máis espectaculares



Lugar: Sala Tebras - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.