Axenda

102 Aniversario Revolta Popular-ADIADO
sábado 14 marzo 2020, 11:00
Vistas : 253

COMUNICADO COMISIÓN REVOLTA POPULAR MARZO 1918

Sedes. 11/03/2020 APRAZADA AS XORNADAS DO 102 ANIVERSARIO DA COMISIÓN DA REVOLTA POPULAR DE MARZO DE 1918

Ante a situación de incertidume creada e non poder saber a día de hoxe que o 102 aniversario da Revolta Popular de Marzo de 1918 se poida celebrar con todas as garantías, a comisión decide adiar a data para que a xornada conmemorativa se celebre como se merece. A historia de mulleres que se ergueron hai 102 anos contra os poderosos polo dereitos de todas e todos, e que logrou unir ao mundo operario e labrego na loita é xa unha data recoñecida no noso calendario en toda a comarca.
.

Agradecer a todas as persoas interesadas en vir, á prensa polo seu traballo, as asociacións que mostraron o seu interese en participar na homenaxe e na feira de entidades e ás diferentes administracións colaboradoras. Pedir tamén desculpas polo traballo e cancelacións ocasionadas.

En breve comunicaremos a data definitiva.

Comisión revolta Popular Marzo 1918

Lugar: Sedes (Narón)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.