Home Axenda
Events Calendar help
Garabelo
Sunday, 05 July 2020, 13:00
Hits : 42

O trío Garabelo ofrecerá un concerto este domingo na Pobra do Brollón.Comezará ás 13:00 no Bar Pirata.

O evento é parte do ciclo de concertos ‘Con-certa Normalidade’, unha proposta do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a hostalería e os artistas locais.

Garabelo son Brais Olmo no clarinete, Borja López na guitarra e Pablo Camarero no violino. Tocarán composicións propias baseadas en melodías tradicionais.

O concerto é de balde, previa reserva no teléfono 982 430 455.

Idealmente as reservas deberán facerse por grupos para facilitar a organización das mesas de modo que se poida manter as distancias de seguridade.

O concerto de Garabelo é o penúltimo do ciclo, que rematará o domingo 18 de xullo con Xerezade.


Garabelo

A palabra Garabelo ven do barallete, xerga de canteiros, paragueiros e músicos da Ribeira Sacra, e significa “fermoso”. O nome é unha declaración de intencións. Os nosos temas buscan crear atmósferas amables nas que quen escoita se sinta cómodx. Garabelo é un grupo que nace da inquedanza de tres músicos de Saltanocribo que deciden tomar un camiño diferente explorando as sonoridades dos seus instrumentos dun xeito diferente, buscando a beleza das diferentes combinacións tímbricas e expresivas deles.

O grupo debuta en público no teatro do Entroido de Salcedo de 2014, tocando no principio e no fin do mesmo, con grande éxito. O seu repertorio está formado por composicións baseadas en melodías tradicionais arranxados sen complexos coa única premisa de se divertir e desfrutar de facer música buscando constantemente fórmulas expresivas agradables e mesmo sorprendentes. Na actualidade, e despois de diferentes cambios nos seus membros, integran Garabelo Brais Olmo (clarinete desde xaneiro de 2019), Borja López (guitarra acústica) e Pablo Camarero (violino).

Location : Bar Pirata - A Pobra de Brollón

Back

Vindeiros Concertos:

Xov Ago 13 - Feito a Man - Santiago de Compostela
Xov Ago 13 - Parrulas Fest - Esteiro da Foz - A Foz, A Ramallosa (Nigrán)
Xov Ago 13 @13:00 - - Pakolas - Praza do Concello - Trabada
Xov Ago 13 @19:30 - - Uxía Lambona e a Banda Molona - Alameda de Pontevedra - Pontevedra
Xov Ago 13 @20:30 - - Faia Díaz - Hórreo do Mosteiro - San Xoán (Poio)
Xov Ago 13 @21:00 - - Quinteto Nós - Praza Central do Gaiás - Santiago de Compostela
Xov Ago 13 @21:30 - - Luar na Lubre - Antigo Centro de Fermentación de Tabaco - Candeleda, Ávila (España)
Xov Ago 13 @22:00 - - Carlos Núñez - Festival Jardins de Pedralbes - Barcelona (Catalunya)
Xov Ago 13 @23:00 - - Pelepau - Praza Maior - A Cañiza
Xov Ago 13 @23:30 - - Ataque Escampe - A Ventana Gastrobar - Laxe
Ven Ago 14 - Feito a Man - Santiago de Compostela
Ven Ago 14 - Parrulas Fest - Esteiro da Foz - A Foz, A Ramallosa (Nigrán)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto