Home Axenda
Events Calendar help
II Festival A Verbena
Saturday, 08 August 2020, 12:00
Hits : 54

A terraza do Meigallo (Sarria, Lugo) acolle a II edición do festival “A Verbena”, con 9 actuacións confirmadas que encherán de música e diversión este espazo único.
O festival abre as súas portas ás 12.00 da mañá comezando co espectáculo infantil “Trapallada de xeito” e unha sesión vermute, seguido de actuacións en directo durante toda a tarde e parte da noite.
Contaremos de novo, e tralo gran éxito da pasada edición, cun dos máis grandes guitarristas de blues do panorama, que esta vez nos visitará acompañado da súa banda, Adrián Costa Blues Band. Tamén disfrutaremos do indie-pop de Marlenne (Monforte de Lemos) en formato acústico; bailaremos a ritmo de Country Folk americano da man de Delta Blues Dúo (Santiago de Compostela); non faltará o rock galego con aires de grunge por partede Furacán (A Coruña); subiremos o ritmo co “hard blues” de The Narts 50% improv, 50% actittude (Santiago de Compostela); , o funky desenfrenado de DJFonkyd fará temblar a pista de baile; a leña será aportada pola banda local Frank Sabbath, tributo á mítica banda de Birmingham Black Sabbath, pero con letras do país; e o prato forte chegará da man de Los Saxos del Averno e o seu R&B flaminguero rompecadeiras flambeado con toques latinos e altas doses de rock.
A terraza conta cun espazo de 900m2, o que permite contar cun aforo limitado de 450 persoas, que estarán maioritariamente sentadas en mesas, e sempre cumprindo coas restriccións marcadas pola COVID-19 en canto a aforo e distancia de seguridade. Ademáis, coa entrada inclúese unha máscara do festival de agasallo, xa que o seu uso será obligatorio.
As entradas están xa á venda en formato físico nos establecementos organizadores: O Meigallo o Adarve (Sarria) polo prezo 10€, así como en formato dixital a través da web Eventbrite por 12€. A entrada é gratuíta para menores de 14 anos.

Location : Meigallo Terraza - Sarria

Back

Vindeiros Concertos:

Ven Out 02 - V Moaña Antiqua - Moaña
Sab Out 03 - V Moaña Antiqua - Moaña
Sab Out 03 - XXII Festa da Sidra - Alameda do Torreiro da Ponte - Bembrive (Vigo)
Sab Out 03 @12:00 - - 2 Jazz da Rúa Nova - Santiago de Compostela
Sab Out 03 @18:00 - - Davide Salvado e Pedro Pascual - Patio do Museo Etnolóxico - Ribadavia
Sab Out 03 @19:00 - - Festival das Carrilanas Km 0 - Alameda de Esteiro - Esteiro (Muros)
Sab Out 03 @19:00 - - Tanxugueiras - Herriko Plazan - Arrasate, Gipuzkoa (Euskal Herria)
Sab Out 03 @20:30 - - Dakidarría - Parque da Palma - Baiona
Sab Out 03 @21:00 - - A Roda - Casa da Cultura - A Laracha
Sab Out 03 @22:00 - - Pelepau - Alameda do Torreiro da Ponte - Bembrive (Vigo)
Dom Out 04 - XXII Festa da Sidra - Alameda do Torreiro da Ponte - Bembrive (Vigo)
Dom Out 04 @17:30 - - Mercedes Peón - Parque Paseo do Carboeiro - Sigüeiro, Oroso (Oroso)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto