Axenda

XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero
sábado 17 outubro 2020, 20:00
Vistas : 81

¡Velaquí está, o cartel do XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero!

Este memorial é un acto moi importante para a AF Breogán de Moaña, no que rendimos unha homenaxe a Lola Diz, fundadora e primeira presidenta da nosa asociación e a Henrique Otero, o noso primeiro mestre de gaita. Dúas figuras que son referentes para nós e ás que seguimos lembrando.

Como xa anunciamos anteriormente, esta edición decidimos facela en formato dixital, para poder desfrutala alá onde chegue internet, co menor risco posible.

Este ano temos a dita de contar coa participación de:

Banda de Gaitas Raigames

Cans De Palleiro


A SENEIRA,Baiona


Os Carunchos


Os Terribles de Donas


Meiró

Maghúa


Trébede


Gambuzinos


O Son Do Río


Os Sibailas


Nós Os Outros


Dende aquí aproveitamos para agradecerlles a súa colaboración e o seu esforzo.

A estrea será o sábado 17 de outubro, as 20:00 (GMT+2) e poderédelo ver na nosa canle de youtube https://www.youtube.com/channel/UCY3-LN3uL0jcEmRXKy8td9Q non esquezades subscribirvos!"

Lugar: Canle de youtube de A.F. Breogán de Moaña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.