Axenda

Zeltia
sábado 10 abril 2021, 19:00
Vistas : 102

Boas Vacalouras!
Imos viaxar!
Viaxar alto e sentir o ritmo coma nunca, nun concerto que voltaremos ás orixes do noso acústico agardando o novo mencer.
O sábado día 10 de abril estamos Migui Carballido e eu, nun espazo amplo para poder desfrutar e deixarse levar pola música en A Nave ( no polígono de Costa Vella en Santiago de Compostela).
A apertura de portas é ás 18h.
O concerto comeza ás 19h.
Podes mercar a túa entrada en:
- O Besbello - Bar Cultural
- A Nave.
O aforo é limitado!
Faite coa túa entrada por 3€.
Vémonos Vacalouras!
Añadir que:
Esta situación tan inestable que vivimos todas é insostible.
O futuro das artes xa non gozaba dunha saúde espléndida pero podíase respirar, naveghar este mar. Agora é o momento de que apoiedes se podedes cada espectáculo, cada evento que se organiza, apoiar ás artistas, aos locais, aos espazos que se animan a dar vida e dar voz as nosas emocións.
Lembrar a importancia de seguir respetando as medidas de prevención sanitaria.
Máis que nunca, sodes vós coma sempre os que dan soporte a este sector.
Grazas. 
Lugar: A Nave Bar - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.