Axenda

Su Garrido Pombo
sábado 08 maio 2021, 18:00
Vistas : 124

Su Garrido Pombo é unha cantante, guitarrista e compositora galega. Aprendeu a cantar coa súa avoa, as cancións dos seráns de Traspielas, as coplas da radio, as melodías que viñan en vinilos dende Salvador da Baía a onde emigraran os seus avós, bisavós e tataravós. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk e trad. A sua música é intimista e nos seus directos acompáñana a sùa guitarra que os seus pedais de efectos. No ano 2013 trasládase a Dublín e comeza a súa carreira en solitario, actuando en Festivais como Body and Soul e Mother Tongues Festival. No ano 2015 xunto con Margarida Mariño forma o grupo TREME e conseguen o 1º Premio no concurso MusicaXove 15 ó mellor grupo xove galego. Dende 2018 Forma parte de Son Trío, xunto a Katerina Linke e Susanna Blanco, formación coa que obtivo o premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados. Recentemente e como solista obtivo o primeiro premio no Concuro Concurso Fran Narf da Deputación de A Coruña (2018) e o Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2019).
Máis info: www.sugarridopombo.com 

Lugar: SalaSon - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.