Axenda

Festa do 1º de Maio no Liceo
sábado 01 maio 2021, 17:00
Vistas : 109
[entradas esgotadas]
O 1 de Maio é unha data marcada en vermello no almanaque. É un día de festa e de loita. De celebrar con orgullo a pertenza á clase obreira, e de pelexar con forza e rabia polos dereitos laborais.
O Ateneo Libertario de Pontevedra quere conxugar a cultura coa loita pola revolución social, e por iso vos convoca a esta poderosa explosión de xúbilo. O evento enmárcase dentro das xornadas conmemorativas do centenario da morte de Piotr Kropotkin.
O Leo de Matamá é un incendiario de barrio. Máis de vinte anos de traxectoria percorrendo cada escenario, cada quinteiro, cada local social, cada leira do país. Composicións propias nas que axita o dicionario para facer que cuspa as consignas máis subversivas, e adaptacións de pezas universais para insertarnos no hipotálamo os conceptos máis básicos.
Un dos imprescindibles.
https://arremecaghona.bandcamp.com/album/s-mente-de-vencer
Columna Vegana é o grupo co que Emma Goldman querería bailar. Sabedores de que a revolución non vai ser televisada, queren levarte á pista de baile para practicar a acción directa. Locutores da actualidade e conscientes das súas contradicións, perdóaos se os ves nunha manifestación vestidos con prendas de Inditex.
https://columnavegana.bandcamp.com/
O Bloque é unha barricada ambulante. Son as flores que prenden entre os adoquíns, os caraveis no canón da Star. Unha labazada na cara do patrón nas negociacións do convenio colectivo. A intensidade das cancións breves, o chocolate espeso que che dá enerxías para afrontar a xornada laboral.
O Bloque non son Bloque pero igual se coñecen
https://caracolnegro.bandcamp.com/track/bloque
Esta sesión festiva terá lugar no Liceo Mutante o 1 de maio de 2021. Teremos todo o coidado para que sexa un espazo seguro e pedímosvos a vosa colaboración. As prazas son ben limitadas, polo que debes facer a túa reserva no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Haberá unha entrada simbólica de 5 euros para cubrir os gastos de desprazamento das bandas e para o fondo de resistencia do Ateneo.
Somos xente optimista e pensamos que non vai chover e poderemos facelo no xardín. No caso de que a realidade se impoña, unha vez máis, teremos que movelo para dentro e facer unha reestruturación do aforo.
Grazas pola comprensión e o apoio!
Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.