Axenda

Laura LaMontagne & Pico Amperio
domingo 16 maio 2021, 20:00
Vistas : 89

Este ano, debido ás limitacións sanitarias provocadas pola pandemia, existen dúas modalidades de asistencia ao Concerto das Letras Galegas organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello de Vigo.

Concerto presencial no Auditorio Mar de Vigo:
O acceso ás entradas é libre e gratuíto a través da plataforma de distribución www.teuticket.com Nela requiriranse os datos das persoas interesadas en asistir (nome completo e contacto). As entradas non están numeradas. Existe un servizo de cancelación a través do correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.). Pregamos que, se alguén non vai empregar as entradas xa reservadas, cancele a súa reserva neste correo electrónico para facilitar o acceso ao concerto do maior número de persoas posible. No día do concerto o despacho de billetes abrirase dúas horas antes do inicio do espectáculo. Toda persoa que acceda ao concerto deberá estar debidamente acreditada e dispoñer da súa entrada.

Concerto virtual:
O concerto emitirase en directo en streaming dende o sitio web do Consello da Cultura Galega (consellodacultura.gal) e da súa canle de youtube, así como pola web da CRTVG. O día 17 de maio de 2021, o concerto emitirase na G2 no marco da programación especial do Día das Letras Galegas.

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.