Axenda

Peña
sábado 22 maio 2021, 19:30
Vistas : 161
Viva!
Peña veñen ó Liceo a presentar o seu fabuloso novo disco"Carreiro" (Repetidor), que revelouse coma unha das grandes sorpresas da música galega deste ano.
Peña non fan folk, fan o súa propia versión do folk, con unha visión absolutamente libre e moi persoal.
A música de Peña presume de colorido e formas ás veces sinxelas, outras desafiantes e sempre desfrutables. Música pura, directa á patata e con uns marabillosos textos cheos de detalles evocadores.
Peña son Elena, Toño e Rubén. Posiblemente xa os coñezas de outras producións coma Trilitrate, Cró, diola ou Unicornibot así que te podes imaxinar que non se andan con chiquitas.
Se queres vir asegura o teu oco mandando até tres reservas por mail a:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
( Donativo a vontade entre 5 e 10€ )
### Se reservas e despois non podes acudir polo que sexa por favor AVISA no mesmo mail ###
·· Haberá unha listaxe de agarda xa que o aforo definitivo depende de si chove ou non ··
19.00: Portas
19.30: Concerto
Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.