Home Axenda
Events Calendar help
VII Poemagosto
Saturday, 10 October 2020, 12:00
Hits : 48

[ATENCIÓN: Este ano é necesario reservar as entradas -gratuítas- para cada un dos 3 actos]
O VII Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz celebrarase o sábado 10 de outubro, nunha única xornada e dividido en tres actos::
12:00h –ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes* e a actuación do grupo Son Trío.
18:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes* e a actuación do grupo Terra Morena.
20:30h – CONCERTO con Xosé Luís Rivas ‘Mini’ e Trilitrate.
*POETAS: Moncho Iglesias Míguez, Charo Lopes, Antón Reixa, Baldo Ramos e Andrea Nunes Brións (Galiza), Sofía Castañón (Asturies), Raquel Lima (Portugal) e Abdul Hadi Sadoun (Irak).
- O lugar de celebración será este ano a explanada ó aire libre, no interior do recinto do Festival Internacional de Xardíns. En caso de choiva, será na parte cuberta do patio do Museo do Coiro.
Será obrigatorio e inescusable o uso de máscara durante a celebración dos actos, así como permanecer no asento asignado. Non estará permitido fumar no recinto das actividades.
- A capacidade de público para cada un dos actos será limitada (100 persoas), e para acceder será obrigatoria a reserva previa de praza para cada persoa.
- Podedes FACER A RESERVA a través do formulario que atoparás aquí abaixo, ou escribindo un correo-e a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando os seguintes datos obrigatorios:
– Nome e apelidos.
– Teléfono de contacto (por protocolo de rastrexabilidade)
– Indicar claramente a cal ou cales dos tres actos se desexa asistir.
Pregámosvos que reservedes unicamente para os actos ós que esteades segurxs que ides poder asistir.
A ENTRADA É GRATUÍTA, pero tendes a opción de reservardes a ENTRADA SOLIDARIA por 5€, que inclúe unha camiseta do Poemagosto (a recoller e pagar á entrada, no posto de libros; ata esgotar existencias). Podedes ver as cores e tallas que nos quedan aquí: https://bencomun.gal/.../poemagosto/camiseta-do-poemagosto/



Location : Allariz

Back

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto