Axenda

Festiletras
From cuarta feira 01 Setembro 2021
To domingo 05 Setembro 2021
Vistas : 215

MÉRCORES 1 DE SETEMBRO

Lendo a ciencia • Mañá e tarde • «Lendo a ciencia» é unha das novidades nas Festiletras deste ano de cara ao público máis novo. Unha proposta de lectura en galego que levará ata O Couto ao autor en cuestión, e tamén apoio científico. Unha «mestizaxe» de letras e ciencia da man de diversos nomes. Nesta xornada estará, ás 11.00 horas, a ceense María Canosa (obra H2... Oh!), así como o prestixioso xenetista Ángel Carracedo. Ás 12.00 pasará Concha Blanco, con Macedonia de versos; ás 16.00 Juan Castro Rivadulla, con A que cheiran as cores? e, ás 17.30, María Solar, con Os nenos da variola. A isto haberá que sumar espectáculos musicais, caso do concerto Os soños dos golfiños (12.30 horas) ou da Banda das Apertas, que levará a Magín Blanco ata esta aldea pontecesá a iso das 14.00.

Sandra Alonso

Mamá Cabra • 18.00 horas • Pasaron onte por Malpica e o día 1 estarán no Couto. Mamá Cabra & Bellón e Mosqueira ofrecerán ante os nenos A música das buguinas.

XOVES 2 DE SETEMBRO

Lendo a ciencia • Pola mañá • Rosa Aneiros, Ceo Aberto e Íntegro, arredor da obra Xelís, o guieiro das botellas do mar. Haberá ademais un obradoiro compartido con mariscadoras e redeiras.

Recollida de plásticos • 14.00 horas • Abundando na mensaxe ambiental, Íntegro dará a coñecer o seu proxecto Diversiplás, posto en marcha co apoio da Consellería do Mar: isto é «+ Diverso, - Plástico».

Celso Fernández Sanmartín • 16.30 horas • Este contador nato de historias, cun xeito de narrar tan particular, levará ao Couto Contos de animais, historias nas que tamén se ten internado o autor Henrique Harguindey.

Fantoches Baj • 17.00 • Sesión de animación. A fábula galénica do escritor Inacio Vilariño chegaralles aos pequenos coa compañía Fantoches Baj.  

Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán • 18.00 • 8 euros • Dous dos máis grandes do humor galego. Un remate de altura.

Carlos Blanco e Touriñán
Carlos Blanco e Touriñán CEDIDA POR AINÉ PRODUCIÓNS

VENRES 3 DE SETEMBRO

Festiciencia e máis Lendo a ciencia • O Festiciencia é un formato de celebración, encontro divulgativo ou feira arredor das ciencias que enraizou con éxito en Cospindo. Non faltarán actividades este ano. Nesta xornada seguirá ademais Lendo a ciencia, con Sabela Fernández Trelles e a obra Que queres ser de maior, pequeno? Experimentos, obradoiros e espectáculos iranse vendo ao longo deste día. Outra obra para esta velada, a de Luísa Martínez: Puf, vaia peido. Seres sorprendentes con nomes ben ocorrentes (16.00 horas).

Fetén Fetén e Amigos • Concerto con entrada (8 euros) • 18.00 • Jorge Arribas e Diego Galaz teñen un ritmo propio, din deles que son «a linguaxe da alma feita harmonía».

Fetén Fetén
Fetén Fetén afundacion

Premios Bos e Xenerosos • Xurxo Souto • Tres son as persoas galardoadas este ano. A primeira en recibir o seu premio será o artista, autor, divulgador... Xurxo Souto. Faráselle entrega intres antes do concerto de Fetén Fetén.

SÁBADO 4 DE SETEMBRO

Encontro Aldeas Singulares • 11.00 horas • Un panel de experiencias con proxectos dende o rural que contribúen a facer país e futuro.

Festicop e pasacabanontes • Festicop é a Feira das Cooperativas. Do pasacabanotes musical encargarase Inllar.

Banda infantil de Xinzo (Ponteareas) • 13.00 horas • Actuación con entrada de balde.

Último encontro Aldeas Singulares
Último encontro Aldeas Singulares Ana Garcia

Caldo • Concerto de balde • 14.00 • Violín, voz, pandeireta e guitarra, cunha banda viguesa de nome Caldo.

Máis pasacabanotes • 15.00 horas • Desta volta con A Tagea e A Requinta da Laxeira.

Guadi Galego e Amigos • Concerto con entrada (8 euros) • 18.00 • Guadi Galego é a voz melodiosa da terra. A raíz sentida. Unha boa amiga, tamén, da familia do Couto.

Premios Bos e Xenerosos • Elena Ferro • Segundo galardón deste ano, á artesá Elena Ferro, zoqueira imprescindible.

Elena Ferro
Elena Ferro

 DOMINGO 5 DE SETEMBRO

39.ª Feira de Artesanía • Dende as 11.00 horas • Música, literatura e artesanía estiveron sempre ligadas, dende a primeira celebración das Letras. Esta feira é xa todo un clásico na mañá do domingo. Volverá haber pasacabanotes, Os Viqueiras e cabezudos. Xogos tradicionais dinamizarán o Espazo DeLeite.

Faíscas da Pontraga • Concerto de balde • 14.00 • Sesión de folk na hora do vermú

Pasacabanotes • 15.00 horas • Sumarán animación Os Farrapos e tamén Xa Era Hora.

Xosé Lois Romero & Aliboria
Xosé Lois Romero & Aliboria Álvaro Ballesteros

Xosé Lois Romero & Aliboria • Concerto con entrada (8 euros) • 18.00 • Din que «Xosé Lois Romero & Aliboria son o proxecto indicado para trasladar o bruar da terra, algo que chega dende o corazón, pero que pasa polas vísceras, e se converte nunha sorte de zunido tribal, de folclore racial, de estalido musical». Nada menos.

Premios Bos e Xenerosos • A Quique Peón • Mestre, recolledor e espallador da tradición.

Lugar: Aldea do Couto - O Couto, Cospindo (Ponteceso)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.