Axenda

Prima 21. A Festa do Comercio Local
From quinta feira 03 xuño 2021
To sábado 05 xuño 2021
Vistas : 144

PRAZA DAS PRATERÍAS

Programación cultural de espectáculos estáticos

Xoves 3 de xuño

Praza das Praterías

  • GRAMPODER
    19:00 h

    Xoves 3 de xuño, ás 19:00 h.

    O dúo compostelán Grampoder volve aos escenarios cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. LeRoi (percusión, baixo) e Martin Wu (guitarras, voces), ex compoñentes de The Homens, Fame Neghra ou Malraio continúan agora creando cancións neste formato dúo de Grampoder. Despois da publicación do LP Golf Whiskey (2013) e do single Tigerland (2014), Grampoder ten canciónnovas e preparan a gravación do seu novo disco para publicar neste 2021.

    LOCALIZACIÓN Praza das Praterías
    CATEGORÍA CONCERTO
    DATA E HORA Xoves 3 de xuño 2021, 19:00 h.

    GRAMPODER

Venres 4 de xuño

Praza das Praterías

  • GOLFIÑOS
    19:00 h

    Espectáculo itinerante

    Venres 4 de xuño, ás 19:00 h.

    Música para os máis pequenos, música para os corazóns máis grandes. Golfiños pretende chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de todos os estilos musicais. A través da súa música Golfiños formou parte de proxectos como Galitoon ou Baobab no eido teatral e tamén teñen presenza en espazos televisivos. O seu primeiro traballo ; “Té, chocolate, café”, co que conseguiron ser finalistas nos premios Martín Códax da Música. O grupo ten un novo traballo chamado “O soño dos Golfiños”.

    LOCALIZACIÓN Praza das Praterías
    CATEGORÍA CONCERTO FAMILIAR
    DATA E HORA Venres 4 de xuño de 2021, 19:00 h.

    GOLFIÑOS

Sábado 5 de xuño

Praza das Praterías

  • A FAMILIA PAPAVENTOS
    12:30 h

    Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.

    O traballo de Charo Pita abrangue diversas áreas do fabuloso, conta tanto para a rapazada como para xente adulta. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música. Avanzando nesa liña, acaba de publicar un libro con poemas musicados na colección Sonárbore da editorial Galaxia titulado No país do vento. Un país onde nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran e as xentes brincan.

    LOCALIZACIÓN Praza das Praterías
    CATEGORÍA CONCERTO FAMILIAR
    DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h.

    A FAMILIA PAPAVENTOS

  • ATRÁS TIGRE
    19:00 h

    Sábado 5 de xuño, ás 19:00 h.

    A banda pop de Compostela presenta formación renovada, agora en formato trío. Pedro Solla (guitarra e voz) e Olalla Cociña (teclado e voz) acompáñanse agora de Edu Poch nas programaciós e no baixo. Presentan novo traballo neste 2021 do que podemos escoitar xa VinteCorenta, un tema sobre a decepción con videoclip dunha das novas cineastas galegas afincada tamén en Santiago, Iria Silvosa. ATRÁS TIGRE é pop de luz e de sombra coma o pop dos soños.

    LOCALIZACIÓN Praza das Praterías
    CATEGORÍA CONCERTO
    DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 19:00 h.

    AS FONTIÑAS E SAN PEDRO

    Programación cultural de espectáculos itinerantes

    Xoves 3 de xuño

    As Fontiñas / San Pedro

    • CÉ ORQUESTRA PANTASMA
      18:00 h

      Espectáculo itinerante

      Xoves 3 de xuño, ás 18:00 h.

      Baixo o nome de Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixonado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina aos oito anos dentro da música tradicional, e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular. Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra convértese na fórmula perfecta entregarnos por completo á festa.

      ITINERARIO Cruceiro de San Pedro – Concheiros – Cruceiro de San Pedro – Igrexa – Praza 8 de marzo
      CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
      DATA E HORA Xoves 3 de xuño 2021, 18:00 h.

      CÉ ORQUESTRA PANTASMA

    Venres 4 de xuño

    As Fontiñas / San Pedro

    • TRIO DETRÉS
      18:00 h

      Espectáculo itinerante

      Venres 4 de xuño, ás 18:00 h.

      Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto son Trío Detrés, unha nova formación cómica que pretende encher os teatros e as rúas de música, humor e moito, moito ritmo. Tres músicos de ampla e variada traxectoria (Píscore, Trío Refugallo, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Brigadiers, Odaiko…) que volven unir forzas e talentos neste novo proxecto.

      LOCALIZACIÓN Cruceiro de San Pedro – Igrexa – Praza 8 de marzo – Casas Reais – Praza de Cervantes
      CATEGORÍA ANIMACIÓN TEATRO + MÚSICA
      DATA E HORA Venres 4 de xuño de 2021, 18:00 h.

      TRIO DETRÉS

    Sábado 5 de xuño

    As Fontiñas / San Pedro

    • ÁUREAS
      12:30 h

      Espectáculo itinerante

      Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.

      Na ficción Áureas son cinco mulleres músicas e migrantes que se coñecen nun barco e deciden formar un Conxunto Internacional. O traballo de cinco músicas e unha directora escénica conflúen na creación deste proxecto. Áureas é un “Conxunto Internacional” dos anos ’20 no que ventos, cordas, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda nos comezos do século pasado.

      ITINERARIO Área Central – Rúa Berlín – Rúa dos Concheiros – San Pedro – Praza 8 de marzo
      CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
      DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h.

      ÁUREAS

    • HABELAS HAINAS
      18:00 h

      Espectáculo itinerante

      Sábado 5 de xuño, ás 18:00 h.

      Habelas Hainas son unha banda con máis de dez anos de traxectoria como músicas ao vivo tanto enriba dos escenarios coma en formato pasarúas ou concerto itinerante. Arantza Alfaia, Patricia Gamallo, Jara Ortiz e Sandra Tamayo exploran a música tradicional dende a súa propia sonoridade e dende o activismo feminista.

      ITINERARIO Área Central – Rúa Berlín – Concheiros – San Pedro – Praza 8 de marzo
      CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
      DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 18:00 h.

      HABELAS HAINAS

      ENSANCHE

      Programación cultural de espectáculos itinerantes

      Xoves 3 de xuño

      Ensanche

      • BRAVATUKAS
        18:00 h

        Espectáculo itinerante

        Xoves 3 de xuño, ás 18:00 h.

        Batucada e pasarúas con esta nova formación de percusionistas que animarán as rúas de Lalín sábado e domingo. Enerxía e boas vibracións coas súas mesturas de ritmos afrobrasileiros e galegos.
        As súas creadoras son responsables tamén do proxecto A Percudoría, unha factoría itinerante, unha plataforma de formación de novas batuqueiras.

        ITINERARIO Praza Roxa – Sto. Domingo da Calzada – Montero Ríos – Xeneral Pardiñas – Carreira do Conde
        CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
        DATA E HORA Xoves 3 de xuño 2021, 18:00 h.

        BRAVATUKAS

      Venres 4 de xuño

      Ensanche

      • MEKÁNIKA ROLLING BAND
        18:00 h

        Espectáculo itinerante

        Venres 4 de xuño, ás 18:00 h.

        A Charanga Mekanica fundase no ano 2003 e dende aquela non para de animar festas, festivais e eventos tanto na Galiza coma de xira polo resto de Europa. Espectáculo que combina música, danza, entretemento con oito magníficos músicos tocando en vivo acompañados dun enxeñeiro de son.

        ITINERARIO Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas – República Arxentina – Fernando III
        CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
        DATA E HORA Venres 4 de xuño de 2021, 18:00 h.

        MEKÁNIKA ROLLING BAND

      Sábado 5 de xuño

      Ensanche

      • ASOCIACIÓN DO TRAXE GALEGO
        12:00 h

        Espectáculo itinerante

        Sábado 5 de xuño, ás 12:00 h.

        Os dengues, pololos, corpiños, calzas, faixas e demais compoñentes do tradicional traxe galego, volverán desfilar polas rúas do ensanche.

        ITINERARIO Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas
        CATEGORÍA ANIMACIÓN E DESFILE
        DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 12:00 h.

      • MUSICLETA
        12:30 h

        Espectáculo itinerante

        Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.

        O PULPIÑO VIASCÓN e o Sr. LILI pasean na súa MUSICLETA cargada cos seus máxicos instrumentos (home orquestra, percusións, acordeón, serrucho, game boy…), animación músico-humorística na que interpretan pezas populares para o público paseante, animando aos presentes a cantar e dar uns paseos na Musicleta.

        LOCALIZACIÓN Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas (e volta)
        CATEGORÍA ANIMACIÓN TEATRO + MUSICA
        DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h.

        MUSICLETA

        FANFARRIA TAKIKARDIA
        18:00 h

        Espectáculo itinerante

        Sábado 5 de xuño, ás 18:00 h.

        Grupo festeiro cun repertorio taquicárdico que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a xoldra. A formación principal compóñena trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-pratos.

        ITINERARIO Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Alfredo Brañas – República Arxentina – Fernando III
        CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
        DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 18:00 h.

        FANFARRIA TAKIKARDIA

        PRAZA ROXA

        Programación cultural de espectáculos estáticos

        Xoves 3 de xuño

        Praza Roxa

        • DESCONCERTO
          19:00 h

          Xoves 3 de xuño, ás 19:00 h.

          Espectáculo cómico sobre a música culta de Culturactiva Producións, posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

          Os nosos protagonistas chegan tarde ao recital. Coa orquestra a piques de comezar e o público preparado para gozar, vense na obriga de improvisar para saír da situación. A partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando con algún que outro atranco cómico.

          LOCALIZACIÓN Praza Roxa
          CATEGORÍA TEATRO E MÚSICA
          DATA E HORA Xoves 3 de xuño 2021, 19:00 h.

          DESCONCERTO

        Venres 4 de xuño

        Praza Roxa

        • PAPORRUBIO
          19:00 h

          Venres 4 de xuño, ás 19:00 h.

          O Paporrubio nace en Lalín no ano 2013 da man de Luchi Iglesias. A súa personalidade enredante e argalleira fixo que dende moi novo se interesase polas formas de diversión da xente, o que unido ao seu traballo de actor, titiriteiro e escenógrafo deu como resultado O Paporrubio. En “Varietés do Animalario”, xunto ao músico Carlos Quintá, propoñen un espectáculo humorístico onde unha raposa e un lobo se ven envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras.

          LOCALIZACIÓN Praza Roxa
          CATEGORÍA TEATRO E MÚSICA
          DATA E HORA Venres 4 de xuño de 2021, 19:00 h.

          PAPORRUBIO

        Sábado 5 de xuño

        Praza Roxa

        • XAROPE TULÚ
          12:30 h

          Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.

          Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e adicada ás artes escénicas para cativos e cativas. No espectáculo
          ‘Arrieira’ unha narradora e un músico fánnos viaxar a través do conto tradicional e tamén esbozan co seu camiñar novos vieiros, historias propias. Unha propsota que fala da importancia do camiño como aprendizaxe, como punto de encontro entre as persoas que o atravesan.

          LOCALIZACIÓN Praza Roxa
          CATEGORÍA TEATRO E MÚSICA
          DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h.

          XAROPE TULU

          CONXO

          Programación cultural de espectáculos itinerantes

          Venres 4 de xuño

          Conxo

          • CHARANGA BICOIA
            18:00 h

            Espectáculo itinerante

            Venres 4 de xuño, ás 18:00 h.

            Charanga Bicoia é unha formación que xorde en 2019, composta por unha ampla maioría de músicas mulleres. Ademais de tocar os grandes éxitos charanguís de toda a vida (Agárrate Saxo, Campanera, Bakalao Salao, etc.), introducimos repertorio non tan coñecido, conectando coas músicas do mundo, como pezas bolivianas ou, por suposto, galegas.

            ITINERARIO Rúa Sánchez Freire – Rúa Conxo de Arriba – Avenida de Ferrol – Avenida de Vilagarcía
            CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
            DATA E HORA Venres 4 de xuño de 2021, 18:00 h.

            CHARANGA BICOIA

          Sábado 5 de xuño

          Conxo

          • MURGA DO OCT ULTREIA
            12:30 h

            Espectáculo itinerante

            Sábado 5 de xuño, ás 12:30 h.

            A murga do OCT Ultreia, nace para reprensentar as formacións de comezos do s. XX, onde os gaiteiros incorporaban instrumentos das bandas de música, nás súas formacións. Deste xeito, recuperan os son desas murgas tradicionais de primeiros de século, que mesturan as gaitas, con instrumentos como saxo ou clarinete.

            LOCALIZACIÓN Praza de Vigo – Avenida de Vilagarcía – García Prieto – Sánchez Freire
            CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
            DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 12:30 h.

            MURGA DO OCT ULTREIA

          • BRASSICA RAPA
            18:00 h

            Espectáculo itinerante

            Sábado 5 de xuño, ás 18:00 h.

            Brassica Rapa ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais.

            ITINERARIO Praza de Vigo – Avenida de Vilagarcía – García Prieto – Avenida de Vilagarcía
            CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
            DATA E HORA Sábado 5 de xuño de 2021, 18:00 h.

            BRASSICA RAPA


Lugar: Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.