From Friday, 18 December 2020 To Sunday, 20 December 2020
Hits : 85
Cunha alegría que non nos cabe no corpo presentámosvos o cartel da 9ª Edición Mercado da Estrela!
Agardámosvos o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de decembro en Santiago de Compostela para celebrar o talento galego con máis de medio centenar de marcas creativas, as actuacións de Familia Caamagno, TANXUGUEIRAS, Terbutalina, a Orquestra Exploratoria de San Pedro, VERTO e Ortiga, o concerto de The SEY Sisters en colaboración co Outono Festival e a presentación de ONS coa participación da banda Chicharrón! Entradas xa dispoñibles en www.entradium.com!
Lembrade que a plataforma reserva as entradas durante dez minutos unha vez iniciado o proceso de compra, así que podería suceder que apareceran as mesas como esgotadas antes de que se adquiriran o 100% das novas entradas dispoñibles. Probade novamente pasados uns minutos se vos sucede isto, planificade a fin de semana e desfrutade con nós desta 9ª edición!