Axenda

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre
sábado 26 xuño 2021, 22:00
Vistas : 231

Peregrinacíón musical – FIN DO CAMIÑO – XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, galardoado como o mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e o mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Con el tamén obtivo o premio á mellor canción en galego da primeira edición dos premios aRitmar. Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.

Desde a presentación de The Tambourine Man e con máis de 70 concertos ás costas en a penas dous anos, visitou Alxer, Oslo, Lorient, Le Chatre, Glasgow, Lisboa, Madrid ou Bruxelas. Presenta un espectáculo con 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación de Xabier Díaz e este grupo de 12 cantoras e percusionistas, acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico). Humildes e poderosos a un tempo… Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas.

PRAZA CENTRAL DA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

Lugar: Praza Central, Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.