Axenda

Festa do Comercio Local. Eu Merco Aquí
sexta feira 18 xuño 2021, 18:00
Vistas : 211

Venres 18 de xuño

Ensanche e Zona Vella

  • CARAPAUS
    18:00 h

    Espectáculo itinerante pola Zona Vella.

    Venres 18 de xuño, de 18:00 a 20:00 h

    Carapaus é un grupo de música tradicional formado en Santiago de Compostela no verán do 2010. O seu último traballo é ‘Camiño da vida tola’ e pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular.

    ITINERARIO Carreira do Conde – Xeneral Pardiñas – Montero Ríos – Praza de Galicia – Praza do Toural – Orfas – Mazarelos – Preguntoiro – Praza de Cervantes
    CATEGORÍA ANIMACIÓN MUSICAL
    DATA E HORA Venres 18 de xuño de 2021, 18:00 – 20:00 h
  • THE LÁKAZANS
    19:30 h

    Concerto na Praza Roxa.

    Venres 18 de xuño ás 19:30 h.

    A banda formada en 2010 coñecéronse tocando en jams semanais de diferentes locais. Úneos a paixón pola música e polos clásicos. Con máis de dez anos de experiencia The Lákazans foron sumando creacións propias a un repertorio no que brillan as súas versións de clásicos do blues, soul, country, rock & roll… O seu último traballo discográfico é ‘Sandwina’.

    LOCALIZACIÓN Praza Roxa
    CATEGORÍA CONCERTO
    DATA E HORA Venres 18 de xuño de 2021, 19:30 h.
Lugar: Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.