Axenda

Feira de Artesanía e Produtos Locais
sexta feira 27 agosto 2021, 13:00
Vistas : 231

I FEIRA DE ARTESANÍA ESTE VENRES EN QUIROGA

RTMQ. Quiroga acollerá este venres 27 de agosto a I Feira de Artesanía e produtos locais. A Asociación de Artesáns galegos “Tarabelada” da que forman parte varios emprendedores locais, en colaboración co Concello de Quiroga, puxeron en marcha a idea de dar a coñecer dentro do noso territorio os produtos que eles mesmos elaboran.

Nesta primeira mostra de artesáns, que se desenvolverá ao longo da rúa Real, poderanse atopar queixos, marmeladas, mel, licores ou especias dentro da parte adicada a alimentación, mentres que na parte da artesanía haberá traballos feitos con coiro, xabóns, tellas ou madeira autóctona como a madeira de oliveira.

O Concello realizou as xestións necesarias ante a Consellería de Cultura para facer da xornada do 27 de agosto, outro evento cultural. Nesta xornada tamén terá cabida a música. Primeiro coa actuación do cantante Jorge Ferre. Gran coñecido de Quiroga por ser vocalista en grupos como Cinema ou a orquestra Panorama. Esta actuación terá lugar a partir da unha do mediodía na praza da rúa Lago. Neste mesmo lugar actuará a `partir das nove da noite o grupo de música tradicional galega A Roda. 

Lugar: Quiroga
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.