Home Axenda
Events Calendar help
Xornadas da Faba
From Friday, 01 October 2021
To Sunday, 03 October 2021
Hits : 146

EN LOURENZÁ SUSPENDÉRONSE OS CONCERTOS DE XABIER DÍAZ PROGRAMADOS PARA MAÑÁ ANTE A PREVISIÓN DE MAL TEMPO.
Lourenzá, 1 de outubro de 2021. Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.
Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ”.
En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo só hai que entregar a entrada e recíbese o importe da mesma na biblioteca, que ten un horario de 17:00 a 20:00 de luns a venres.
As demais actividades programadas dentro das Xornadas da Faba de Lourenzá para esta fin de semana mantéñense, pero a actuación de Airiños da Freba, que está prevista para o domingo ás 18:00 horas trasládase da Praza do Conde Santo ao salón de actos municipal, debido a previsión de choiva.
Ademais engádese na programación unha nova actuación para mañá, sábado, pola tarde: o grupo de música tradicional Souto Xímaro animará as rúas de Vilanova de Lourenzá.

Location : Lourenzá

Back

Vindeiros Concertos:

Ven Xan 21 @18:00 - - Pablo Díaz - Auditorio Municipal - Padrón
Ven Xan 21 @21:30 - - Leo Arremecághona + TIM-ADIADO - Sala Rebullón - O Rebullón, Tameiga (Mos)
Ven Xan 21 @22:00 - - Tecor Societário + Bule-ADIADO - CS Xebra - Burela
Sab Xan 22 @14:00 - - As Punkiereteiras - Espaço Vivo - Fixón, Negros (Redondela)
Sab Xan 22 @21:00 - - Presentación 25 Anos Ruxindo-ADIADO - Sala Malatesta - Santiago de Compostela
Sab Xan 22 @21:30 - - Txuvasko + Os Rosmóns + O Sudor do Tractorista - O Buril - Sarria
Sab Xan 22 @22:00 - - Tecor Societário + Bule-ADIADO - Sala Ruído - Ferrol
Sab Xan 22 @22:00 - - Furacán-CANCELADO - Sala Filomatic - A Coruña
Dom Xan 23 @13:00 - - Roberto Sobrado + Belém de Andrade + Quico Valeiras + Vítor Vinhal - A Arca da Noe - Vilar de Santos
Dom Xan 23 @19:00 - - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre - Teatro Ortega - Palencia (España)
Dom Xan 23 @20:30 - - Guadi Galego - Sala Galileo Galilei - Madrid (España)
Mar Xan 25 @20:00 - - Luar na Lubre - Teatro Circo Price - Madrid (España)

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto