Axenda

As Efémeras
domingo 06 marzo 2022, 18:00
Vistas : 110
AS EFÉMERAS RETÍRANSE A HIBERNAR!!
As Efémeras retoman o concerto de despedida de Xira de Presentación de disco que foi adiado no mes de decembro do pasado ano. Será o domingo 6 de marzo, a partir das 18h, no Mutiúsos da Xunqueira, en Redondela onde prometen un feixe de sorpresas e colaboracións.
Curiosamente, o lugar que os viu nacer e onde viven todas elas, é o último no que presentarán o disco. Levan tocando por toda Galicia, e na vila e na comarca tamén, antes e depois de ter o disco editado, mais esta será a primeira presentación oficial e completa deste traballo, que presentaron na Arca da Noe (Vilar de Santos) o pasado mes de abril.
"Agradecemos moito o convite do Concello de Redondela a fechar aquí esta xira de presentación, que foi intensa e extensa, xa que percorremos Galiza de norte a sur, de leste a oeste. Moito máis alén do que imaxinabamos. Estamos moi agradecidos, de verdade, por esta boa acollida. E dános moitos azos para seguir."
No concerto tocarán o disco completo e fecharán o espectáculo que os acompañou estes meses. Un espectáculo baseado no mundo das efémeras. Un percorrido sensorial que nos leva aos ríos nos que nacen estes insectos e que nos transporta canda elas polo seu intenso periplo vital.
As Efémeras dedicarán os próximos meses de invernía a preparar e gravar o que será o seu segundo disco. Mais pode que de vez en canto saian apañar unha raiola de sol e poidades gozar delas en pleno voo.

Lugar: Auditorio da Xunqueira - Redondela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.