Safari Orquestra

Safari Orquestra é unha formación que nace en Lugo polo ano 2002 da man do produtor Arturo Vaquero, Humanoid, e os músicos Emilio López e Xermán Viluba, ex-Skornabois. En principio foi concibido como un proxecto de estudio, pero o desexo do seus membros por tocar en directo, levounos a xuntar unha banda con solvencia para poder amosar a súa proposta nos distintos escenarios de Galiza. Na actualidade non se encontran en activo.

Para a posta en escena Safari Orquestra conta con un Dj e produtor, saxo, baixo e dúas voces, unha formación novidosa e de contrastada eficacia. A banda sacou en 2010 o seu disco de estrea, Ben Deitei, editado polo selo VIR. A súa música aparece tamén en diversos discos colectivos, como o Manifesto Dobarrista (2007) ou A Tribo toda baila (Gasa, 2012). Desde o 2013 o grupo entrou nun parón tanto creativo como de concertos.

A música de Safari Orquestra no é doada de definir. Poderiamos falar dunha fusión entre a electrónica máis integradora ou orgánica, con ritmos que van desde o soul, funk ou reggae. Como eles mesmos din, mestura malicia e felicidade, dando un resultado elegante e bonito. Se houbese unha etiqueta que os definise, sería Electrónica‐fusión, onde a música negra é a base das súas composicións.

Nos seus últimos anos, os membros da Safari Orquestra foron Alvaro Pardo (Dr. Think): Dj, samplers, efectos. Miguel Martinez (Rulos): Saxo,flauta traveseira. Laura Romay: Baixo e Emilio López: Voz, samplers.

ESCOITA SAFARI ORQUESTRA NO SPOTIFY

Ben deitei (VIR, 2010)