e-Trad

e-Trad, novo nome dado á sección de música da vella Escola de Artes e Oficios do concello de Vigo, onde os tres integrantes de Lizgairo imparten aulas, Romaní de arpa e historia da música galega, Pintos de zanfona e Liz de requinta. Malia as constantes reformulacións e os problemas endémicos desta institución, pola que ningún político dá apostado de vez, probablemente porque ningún soubo aínda ver a potencialidade dun centro que é canteira de moitísimos integrantes de grupos galegos, o que é innegable é que o traballo e mais a ilusión postos nel non deixa de dar os seus froitos e aí están realidades como SondeSeu, proxecto co que tamén están intimamente ligados os integrantes de Lizgairo, para amosar o que é posible facer dende a nosa música.

Na actualidade e dividida en dous itinerarios, un amador e outro profesional, a escola ten unha oferta formativa que abrangue o canto popular, a gaita e a percusión tradicional pero tamén o acordeón diatónico, o violín ou a arpa céltica e para alén de formar músicos ano a ano serve de plataforma dende a que se crearon, -e crean, velaí Lizgairo-, moitos dos grupos fundamentais do folc nos últimos vintecinco anos.

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto