Os Alegres

Comarca
Constrúe
  • gaitas
  • percusión
Imparten aulas de
  • percusión
  • canto
  • gaita
  • baile
  • outros instrumentos
En activo
si

Cuarteto tradicional de Mourente, Pontevedra, que encetaron a colección Os nosos gaiteiros da editorial Do Cumio. Unha das formacións que representan hoxe en día a máis pura tradición gaiteira. O seu disco é unha escolma do repertorio do gaiteiro Alejo Aboal, agás algún tema de composición propia, composta maioritariamente por muiñeiras, ás que se engade algúnha xota, rumba ou pasodobre. A formación que realizou a gravación foi: J. Laureano Muñoz Quintás, tamboril, Dionisio Aboal Bermúdez ao bombo, J. Roberto Quintillán Rial, gaita e mais Begoña Louzao Filgueira, tamén coa gaita. O disco foi presentado o día das letras galegas do ano 98 no auditorio do Pazo de Exposicións e Congresos de Pontevedra nun concerto de Luar na Lubre. Despois gravaron Festexeira, (¿, 1999).

Novas Relacionadas:
Images (1)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto