Balakandra

Balakandra nace en San Sadurniño no ano 2004 no seo do mítico grupo Saraibas, froito das inquedanzas musicais de varios dos seus membros que trataban así de dar renda solta aos seus coñecementos doutros estilos e técnicas musicais.

Despois de 8 anos de camiño, actuando en infinidade de salas, auditorios e festivais de toda Galicia na procura do seu "son", no mes de maio de 2012 lanzan o seu primeiro traballo discografico, gravado nos Estudios A Ponte de Santiago de Compostela por Tomas Ageitos.

Co “parón” do grupo Saraibas, a idea de Balakandra comeza a coller forza e a asentarse como grupo. A primeira formación do grupo estaba composta por Farru Rodríguez, Martín Sanjurjo e Juanjo Porta.
No ano 2004 Balakandra preséntase ó concurso “GALIZA SONS FOLK” alcanzando a final do certame e grabando un disco conxunto cos outros dous finalistas.
Durante 2005 e 2006 Balakandra toca por gran cantidade salas, concellos e festivais de toda Galiza.

A principios de 2007, Juanjo Porta ten que abandonar o grupo, pero Farru e Martín deciden seguir adiante co proxecto, incorporandose ó mesmo Manolo Varela, Amparo Calvo e Ruben Lamas, o trío pasa a ser así un quinteto o cal repercute nunha maior forza sonora.

Balakandra prosigue creando e tocando ao vivo, para atoparse a si mesmo. No ano 2010, incorpórase á formación, Abel Leonardo, quedando así una formación xa estable coa que Balakandra.
En Febreiro de 2012 a banda grava o seu primeiro disco nos estudios “A Ponte” de Santiago de Compostela baixo a produción de Tomás Ageitos.
Os dous seguintes anos a banda estivo presentando este o seu primeiro disco polo país.

O 5 de xaneiro de 2017 Balakandra anuncia unha pausa no camiño para coller folgos.

Difícil sería poner una etiqueta ao que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ao público nesta fermosa viaxe.

Formación 2013

Amparo Calvo: percusións e voz
Martín Sanjurjo: guitarra, dobro, mandolina e voz
Ruben Lamas: Baixo
Manuel Dopico: guitarra acústica, guitarra clásica e voz
Abel Leonardo: guitarra eléctrica e guitarra acústica
Farru Rodriguez: batería e percusións
Alejandro Rey: batería

Balakandra (2013)