Fame neghra

Fame Neghra foi unha banda de punk e hardcore de Compostela, formada a comezos dos 90. Na altura, a capital viviu unha eclosión de bandas de hardcore, con grupos como Mol, Dirty barriguitas, Irmandiños ou os propios Fame Neghra.

Banda cun compromiso político evidente nas súas letras, gravou dúas maquetas e posteriormente dous EP's, a súa estrea en solitario Benvidos a Famelandia, (Potencial H.C./Trevoada, 1992) e un outro compartido con Dirty Barriguitas un ano despois, tamén para Trevoada. 

No 98 sacaron o seu único disco, O neno carburador, (Lixo Urbano, 1998), onde o seu son se aproxima máis ao punk, despois da incorporación de Martinho, -Martin Wu, trompeta e guitarra-, ao trío de batería, Ramón, guitarra, Ález e baixo e voz, Suso. Un par de anos despois o grupo desapareceu e varios dos seus integrantes pasaron a formar parte de Samesugas.

O NENO CARBURADOR (Lixo Urbano, 1998)