Kastomä

Kastomä, -apócope da frase "Que queres tomar?"-, son unha banda de rock de Ordes formada no ano 2000 por Soneira, Oscar, Xurxo, David e Sito. No ano 2008 incorpórase ao grupo desde os Gin Tonics de Sigüeiro o batería Antonio Pazos. 

Din que o seu estilo é un estilo xa inventado pero con influencias nocturnas acumuladas dende inicios de século, "que é o que lle dá o toque personal ás cancións". Teñen 2 Maquetas editadas, "Tomamoslle outra" (2001) e "Mestres de Pesadelos" (2005), e dous discos, "Almas da Noite", editado en formato físico por Falcatruada e distribuído por A Lonxa Cultural e Impórtame merda, publicado no 2011.

Un tempo despois o proxecto quedou aparcado e os seus integrantes entraron noutras bandas como Familia Caamagno.

 

IMPÓRTAME MERDA (Agosto 2011)

 

ALMAS DA NOITE (Xaneiro 2009)

MESTRE DE PESADELOS (Xuño 2005)

TOMÁMOSLLE OUTRA?  (Xuño 2002)

Accede ás descargas de Kastomä