Lamatumbá

Banda ourensá formada contra o cambio de milenio pola que teñen pasado varias ducias de músicos. De feito, parte da formación orixinal da banda forma parte hoxe en día dos Sonoro Maxín e aínda nos seus dous últimos anos tiveron outra media ducia de cambios.

En tres ocasións entrou nun estudio para gravar un disco. No ano 2005 chegou o Lume (para que saia o sol), producido polo amigo Kaki Arkarazo e mais o propio grupo co cantante orixinal, Iko, e tamén con Cris Asenjo ou Abraham el Niño, quen xunto a Iko marcharon da banda pouco despois para se unir a un outro proxecto que botaba a andar en Ourense, O Sonoro Maxín.

Lamatumbá no 2010. Foto: Facebook de Lamatumbá

O ano 2008 viu a saída do Paraugas Universal, feito man a man con Segundo Grandío, xa con Sergio Zearreta, Trosma, na voz. E no 2010, saíu A órbita da banda hipnótica. Lamatumbá anunciou un até logo a comezos de 2012 que rematou por se converter en definitivo despois de os seus membros enrolárense noutros proxectos.

Lume (para que saia o sol) (2005)

 

A órbita da banda hipnótica (2010)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.