Imprimir |  Close this window

Lamatumbá

Lamatumbá

Banda ourensá formada contra o cambio de milenio pola que teñen pasado varias ducias de músicos. De feito, parte da formación orixinal da banda forma parte hoxe en día dos Sonoro Maxín e aínda nos seus dous últimos anos tiveron outra media ducia de cambios. En tres ocasións entrou nun estudio para gravar un disco. No ano 2005 chegou o Lume (para que saia o sol), producido polo amigo Kaki Arkarazo e mais o propio grupo co cantante orixinal, Iko. O ano 2008 viu a saída do Paraugas Universal, feito man a man con Segundo Grandío, xa con Sergio Zearreta, Trosma, na voz. E no 2010, saíu A órbita da banda hipnótica. Lamatumbá anunciou un até logo a comezos de 2012.

Imprimir |  Close this window