Leite de Nai

  • 437.jpg

Grupo de rock e funk que xorde en Ourense a finais de 2005, das cinsas dos Singuer Mornins, grupo que versionaba temas de rock clásico. Estiveron en activo até o 2011.

Tras a separación da súa anterior banda, os tres compoñentes de Leite de Nai, Óscar, baixo e voz, Martín, guitarra, e Jose Antonio “bush”, percusión, deciden montar un proxecto no que compoñen temas propios, nunha onda máis funki, pero con altas doses de rock.

Levan publicado tres maquetas, Leite non hai (2007),  Agora sobra (2008) e Mirando ao ceo (2009). 

Estiveron dando concertos até finais do 2011 e aínda que non houbo anuncio oficial a banda desfíxose contra esa época.

 

Accede ás descargas de Leite de Nai

Escoita Mirando ao ceo (2009)

{music}images/stories/descargas/LeitedeNai/LeitedeNai-Mirandoaoceo{/music}