Chícharo Psicótico

O Chícharo Psicótico é unha banda de rock de Ordes, con dúas etapas, unha inicial nos anos 80 do século XX e outra que comezou contra o 2005.

Nesta segunda andaina do seu rock psicótico publicaron dous traballos, Mutante Creativo, gravado nos Estudios Sons da Vila de Compostela no 2005 e Último esforço no 2011, gravado nos estudios Rapapoulos da súa vila natal e producido por Paco Cerdeira, Mou e os Chícharo Psicótico.

A formación desta segunda etapa está composta por Fernando del Río, Santonio, Suite e Prego. No 2011, a banda presentou o primeiro clip de Último esforço, dirixido e producido por Miguel Calvo (Noxo Films).

MUTANTE CREATIVO (2005)

 

ÚLTIMO ESFORÇO (2010)

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.