O Sonoro Maxín

Banda que nace no verán de 2007 en Ourense a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos como Lamatumbá ou Cinnamon Gum.
Estréanse en Ourense, a súa cidade natal, o 30 de decembro e percorren durante o 2008, 2009 e 2010 toda a xeografía galega -e parte da portuguesa- con máis de 150 concertos nos que puideron compartir escenario con moitos grupos galegos e internacionais. Despois de traballar un directo que os colocou entre o mellor da música galega ao vivo, no 2012 sacan o seu primeiro traballo, a onda sonora (chega do interior), producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.

Froito da presentación do álbum, en 2013 realizan unha xira polo norte de Alemaña, chegando a tocar en Hamburgo e Kiel, onde compartiron escenario co músico francés Syrano. No 2014 son o grupo galego convidado ao Mercat de Música Viva de Vic (Cataluña).

A finais de 2016 comezan a gravar o seu novo álbum de estudio “Sete e dezasete”, producido polo músico e produtor catalán Marià Roch. O traballo foi publicado en abril de 2017. O título fai referencia aos días de feira da cidade das Burgas e baixo el acubíllanse unha presada de temas que navegan pola cumbia e tamén polo río Miño para se achegar a Portugal.

O Sonoro Maxín ao vivo no Festival Revenidas 2016. Foto Lucía Mallo

O Sonoro Maxín é o único grupo galego que centra o seu repertorio nos ritmos latinos de verbena, acuñando e empregando nos seus concertos o termo “Galicia Tropical”.

Os membros da formación son:

Abraham “el niño”: guitarras

Cristina Asenjo: acordeón

Ico: voces e acordeón diatónico

Jaime Mateo: batería

Xurxo Brea: baixo e contrabaixo

(Actualizado en novembro de 2019)

O Sonoro Maxín ao vivo no Aturuxo 2017

O Sonoro Maxín ao vivo no Revenidas 2016

 

Entrevista ao Sonoro Maxín 2012

 

Descarga A Onda Sonora + 3 Remixes


A onda sonora (2012)

{music}images/stories/descargas/o_sonoro_maxin/a_onda_sonora{/music}

Sete-Dezasete (2017)

 

CLICA AQUÍ PARA DESCARGARES DE "SETE-DEZASETE" DESDE A WEB DO GRUPO

 

Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.