Túzaros

Banda de rock tamén santiaguesa, concretamente de San Lázaro, que botou catorce anos na música, tempo que lles permitira gravar dous discos, Túzaros, 1997 e Trivial, 2001, para alén dunha maqueta anterior, que reflectían un son contundente que levaron a escenarios de toda Galiza.

Porén, os Túzaros foron unha banda moi vinculada á súa comarca, tendo tocado en Bertamiráns, Escravitude, todos os pubs de Compostela, aínda que axiña foron ampliando fronteiras para  deitar o seu son en Padrón, Bueu, Vigo, A Coruña, Chantada,…

E así foron os catorce anos de historia dos Túzaros,  Mario César Vila, guitarra e voz, Xulio Boquete Rodríguez, baixo, e  Xoan López Ferrás, batería, na formación histórica que mudou tan só co troco de “Tejo” por Xulio no verán de 2004 no baixo.  Anos de estrada, de ensaios, de loitar por facer boa música en Galiza e en galego, feito que os levou a estar presentes no proxecto Unión Bravú, 1996, onde unha ducia de bandas quixeron demostrar que era posíbel facer rock aquí sen se ter que transformar en copias insípidas das sonoridades foráneas, sen ter que imitar, creando, argallando, dende a pertenza consciente a unha cultura.

Túzaros - Álbum completo 1997

Trivial - Álbum completo 2001