Home Cartafol Folk Arco da vella

Arco da vella

Comarca
En activo
non

Grupo ourensán de ampla traxectoria, malia que pouco coñecido fóra do seu contorno, con catro traballos publicados ate a súa disolución: Na noite, (Edigal, 1986), Xingra, (Edigal, 1990), Abuña Copo, (Sons Galiza, 1995) e Ñáñaras, (Sons Galiza, 1999). Encadrados na corrente new age que durante a década dos noventa tivo certo suceso entre as formacións folquis en toda Europa, Arco da Vella cumpren os cánons de todos os grupos seguidores da tendencia “nova era”; así os sintetizadores como eficaz instrumento para a recreación de ambientes, combinados neste grupo con outros temas onde a percusión leva a voz cantante, e o amplo abano de instrumentos empregados, sen medo á hora de experimentar e pescudar nas máis variadas fontes, convértenos nunha alternativa idónea para exemplificar a pegada destas tendencias no panorama folk galego. o líder da formación, Manuel Brañas, pasaría despois a formar Brañas Folk.

Cómpre aclarar que baixo unha denominación semellante, Agrupación Folclórica O Arco da Vella, existe en San Miguel de Reinante, Barreiros, na provincia de Lugo unha asociación con grupos de gaitas, pandereteiras e baile, que ten editado un traballo homónimo en 2002, con pezas tradicionais.

Novas Relacionadas:
Images (4)

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto