Imprimir |  Close this window

Armeguín

Imaxe
Video
En activo
non

Grupo vigués de irregular traxectoria e apenas coñecido fóra do eido folk, que gravou dous discos, ademais de participar no colectivo Arma Marmórica, (Sons Galiza, 1992) xunto con Dhais e Galerna, curiosamente vencellados ambos os dous coa televisión xa que o primeiro editado e derradeiro en ser gravado, Os Viaxeiros da luz, (Sons Galiza, 1991) era a banda sonora da serie homónima da TVG, e o segundo, Armeghín, (RTVE Música, 1993) está editado polo ente público estatal. Isto condicionou o labor de difusión do traballo, de moi pouca repercusión, e propiciou o esmorecemento posterior do grupo, co que os seus membros pasaron a integrar outras formacións folk galegas.

Imprimir |  Close this window