Ávalon

Ávalon foi unha formación de música folk que desenvolveu a súa andaina na primeira década do século XXI. O grupo estaba  composto por cinco mulleres. A violinita Marta Barrecheguren; A frautista Xela Conde, integrante hoxe en día, entre outras formacións, de sondeseu; Belén Leis, na percusión; a cellista Macarena Montesinos, despois en bandas como Miñor Swing e a guitarrista Patricia Hermida, na actualidade dedicada á produción musical e manager de Heredeiros da Crus, Susana Seivane ou Os Resentidos. 

Ávalon ten dous discos publicados: Lúa Meiga, (Discmedi, 2000) e Beltaine, (?, 2002). O grupo creouse cando algunha das compoñentes compartían estudos no colexio en Vigo, e pouco a pouco foron artellando un proxecto onde ten forte presenza a formación que recibían no conservatorio. O resultado é unha música onde as pezas medievais e o pop, nomeadamente nas composicións cantadas, teñen oco para crear un son persoal.

ESCOITA BELTAINE (2002) EN YOUTUBE

ESCOITA LÚA MEIGA (2000) EN YOUTUBE