Bágoa da Raíña

  • 112.jpg

Grupo nado na vila de Ortigueira, que publicou tan só un disco, En augas de Ortigueira, (Sons Galiza, 1998), onde presentan un son próximo á tradición. Participou en 3 ocasións no Festival Internacional do Mundo Celta da súa vila, nos anos 1995, 1997 e 1998. A formación esmoreceu pouco despois da súa derradeira participación no Festival de Ortigueira, e leva desde 1999 inactiva.

Listaxe de músicos que formaron parte da banda

  • Rodrigo López: gaita, frauta
  • Urbano Salgado: gaita
  • Jaime García: frauta
  • Elixio César: guitarra
  • Marina Alonso: percusión
  • Fredi Loureiro: bombo
  • J.M. Marías: baixo
  • César Yáñez: percusión, frautas e cordas
  • Juan Barcón: gaita
  • Bruno de Covas: tamboril
  • Jorge: multipercusión
  • Alfonso Cheda: gaita e frautas
  • Carlos Pía (Capi): percusión
  • Carlos Conchillo: acordeón

ESCOITA EN AUGAS DE ORTIGUEIRA