Imprimir |  Close this window

Batecerto

En activo
non
Batecerto

Batecerto é un grupo ourensán formado en 1993, xa desaparecido. O 10 de marzo de 2001 gravou ao vivo o seu único traballo, Projecto Entropia, no café Auriense da cidade das Burgas, no que foi tamén o seu derradeiro concerto, disco onde se reflicten as dúas vertentes da música que ao longo dos seus oito anos de vida realizou este grupo. Por unha banda, unha faciana trouleira, de formación curtida en seráns e festas varias e por outra o estilo de seu que foron conformando co tempo e que apareceu nos derradeiros concertos de Batecerto. A formación derradeira da banda, a que aparece no seu único disco é, Xavier Paz, Bombo e voz, José Carlos Pérez, Percussons e voz , Iván Area, Gaitas, Roberto de Andrés, Gaitas e percussons, Francisco X. Gómez, flautas, percussom e voz, Marta Vázquez, Voz e percussom, Jerónimo Pérez, Acordeom e voz; con esta formación, Batecerto tocou en varios puntos de Galiza, nomeadamente no seu Ourense natal, coma nas Noites do Castelo de Maceda, Festival Folk de Santo Estevo de Ribas de Sil ou no Punteiro-Rock de Vilanova de Lourenzá.

Imprimir |  Close this window