Beladona

Grupo de música celta, creado en 1993 e xa desaparecido, que tivo dúas etapas de actividade. Despois da súa formación no 93, Beladona chegou a editar dous traballos discográficos, Para brincar no rueiro (Edicións do Cumio, 1996) compartido cos grupos Ardentía e Crema de Gaita e Bicos de sol (Zouma Records, 2000), disco onde Fran Gómez, Jorge Juncal, Javier Abad xunto a Xosé Liz e Daniel Vilar, que compaxinaban Beladona coa pertenza ao grupo folc-rock Salterium, máis a voz de Elena Paz despregaron toda a súa calidade. Esta súa opera prima disco contou ademais coa colaboración do programador Iván Laxe, ex-compoñente dos grupos Nordés e Skornabois. Porén, o proxecto non callou e o grupo entrou nunha fase de latencia, continuando os seus compoñentes a súa andaina por camiños diferentes.

No 2011, Beladona rexorde cun novo disco, Branco Roto (Autoeditado, 2011), cunha formación máis reducida ca na etapa anterior. Todos os temas do disco están compostos polo trío Juncal, Liz e Paz e supoñen unha mudanza con respecto ao estilo eminentemente folk da primeira etapa. No novo disco, Beladona apunta cara ao folk-pop, e adoitaba presentarse en formación de cuarteto ao vivo. No entanto, e apesar da calidade e da proposta anovadora, de novo non colleitou moito suceso e a banda ficou de volta inactiva, retomando os seus integrantes algúns dos seus outros proxectos.

ESCOITA BICOS DE SOL

ESCOITA BRANCO ROTO