bOnOvO

  • 119.jpg

Grupo de folk electroacústico formado no 2007 por Óscar Fernández á zanfona electroacústica; Roberto Grandal ao acordeón; Pulpiño Viascón, voz, serrón e percusión. Publicaron un único traballo, Bonovo, no 2008.

bOnOVo foi unha das propostas máis vangardistas do folk galego dos últimos 20 anos, un proxecto no que confluían 3 grandes músicos que tiñan formado parte de bandas como Os Diplomáticos ou Os Cempés.

Bonovo tocando Sexta ao vivo

Porén, a traxxectoria de bOnOvO non foi lonxeva. A banda foi habitual de festivais e foliadas do país durante os veráns do final da década dos dez, mais non pubicou ningún traballo máis e os seus integrantes acabaron por se centrar noutros dos seus proxectos.

Non hai moito material audiovisual de bonOvO na rede. Apenas un par de vídeos ao vivo e un videoclip, de Fariñenta, un tema en 6/8 de Oscar Fernández inspirado no folclore galego gravado o día 15 de febreiro de 2007 en Fene.

Aquí, ao vivo no Achegarte da Coruña, en novembro de 2009, co Pulpiño tocando o serrón no canto da batería electrónica.