Imprimir |  Close this window

Carlos Beceiro

Carlos Beceiro

Músico da vila de Narón que desenvolve a súa andaina artística no grupo castelán La Musgaña e que gravou en 1997 un disco autoproducido, Fábricas de sons onde inclúe algunha composición propia acarón de pezas tradicionais. Para alén deste traballo, o músico naronés, que comezou tocando a gaita para logo especializarse nos instrumentos de corda, bouzuki, cistro,…, ten colaborado c’Os Cempés, Cristina Pato ou Kepa Junkera.

Imprimir |  Close this window