Irtio

Comarca
Páxina web
Video
En activo
si

Irtio nace a finais da década dos 90 e en pouco tempo convírtese nunha das bandas máis prometedoras e vangardistas da música tradicional galega. Como mostra os galardóns obtidos entre os anos 1999 y 2011, conseguindo os primeros premios no “X Certame galego de música folk de Galicia, Xuventude '99" (Xunta de Galicia,1999) e "I día da música xove" (Xunta de Galicia, 2000), así como outros tantos diplomas de finalista nos concursos de "San Estebo de Ribas de Sil" (Zouma Records, 1999), "I concurso folc de Radio Obradoiro" (Radio Obradoiro, 2000), Concurso folk Cuartu los Valles" (Navelgas - Tineo, Asturias, 2003) e "Runas" (Festival do Mundo Celta de Ortigueira, 2006). Non será ata o ano 2003, cando Irtio publique o seu primeiro traballo en solitario, Mar de Pedra. Gravado nos estudios Casa de Tolos, con Isaac Palacín e Segundo Grandío como técnicos de son, con colaboracións salientables como as de Anxo Pintos, Uxía ou o mesmo Isaac Palacín, e masterizado nos EE.UU. por un dos enxeñeiros de son máis prestixioso do mundo, Bob Katz, Mar de Pedra supuxo a confirmación definitiva da interesante proposta musical de Irtio. Un son anovador, con densas harmonías e ricos timbres, fresco, con sabor atlántico foi o que puideron degostar todos aqueles que se achegaron a este Mar de Pedra ao largo de toda a xeografía galega, percorrendo os festivais máis importantes do país.

Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto