Kerkennai

  • 154.jpg

O grupo de música Folk Kérkennai fórmase no ano 1999 na Baixa Limia Ourensá, nun intento de canalizar as inquedanzas musicais de Pepe Quintas e Sindo Otero, e servir como impulsor no eido cultural Limián. Toma o seu nome do asentamento Baixo Limián de Aquae Querquennae. O grupo completase coa incorporación de Felipe Rodicio, Lucía Rodríguez e Pepa Rodríguez. En Maio de 2001, gravan unha maqueta nos estudios da Radio Galega en Compostela, coa que se dan a coñecer, tanto en medios radiofónicos coma televisivos. Felipe Rodicio ten que deixar o grupo , sendo sustituido por Carlos Campos. En 2003, gravan o seu primeiro disco, editado pola compañía Zouma Records, e titulado Via Nova, en homenaxe a Vía Romana que cruzaba a antigua Gallaecia , atravesando a Limia. A comenzos de 2007 gravan o seu segundo disco , editado por Zouma Records, co titulo de Nas Beiras de Lethes nome orixinario do rio Limia , tamen coñecido como Rio do Esquecemento. A finais dese ano, a música de Kérkennai aparece como banda sonora da curtametraxe Esquencidas, do realizador compostelan Luqui Mattews, estreada no Auditorio de Galicia da capital compostelana. A mediados de 2008 o realizador barcelones J.O. Romero escolle a música de Kérkennai para a banda sonora da curtametraxe Limia, el Río del Olvido. Na primavera de 2009 Kérnennai é escollido pola Sociedad de Artistas Intérpretes y Ejecutantes (AIE), para participar no apartado de folk/novas músicas dentro da programación de Artistas en Ruta.

Video
http://www.youtube.com/watch?v=lp5G4dK7zvc&feature=related