Liorna

O grupo Liorna, orixinario da vila de Marín, fundouse no ano 1996 e apareceu por vez primeira nun traballo discográfico no ano 1998. Tratábase dun traballo recompilatorio xunto con Xiradela e Atalora na compañía de Mercedes Peón, Trompo. A presentación tería lugar no novembro daquel mesmo ano no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Non sería ata o ano 2000, no que aparecería o seu primeiro traballo, Liorna, (Edicións do Cumio, 2000), cando estabilizaron a súa formación e escomezaron a ser máis coñecidos. Para alén da súa participación en diversos recompilatorios, a banda editou polo de agora dous traballos máis, Ruído Branco, (Edicións do Cumio, 2005) e Sarahyba, (Edicións do Cumio, 2011).


Video
http://www.youtube.com/watch?v=TDLNWJ3ZPME