Matto Congrio

  • 242.jpg

Grupo creado na cidade de Vigo a comezos da década dos noventa que malia non ter publicado máis ca un disco, Matto Congrio, (Sonifolk, 1993), tivo unha importancia decisiva no folk galego. Por unha banda, Matto Congrio inxectoulle unha importante dose de modernidade, avalada pola calidade dos instrumentistas e sen deixar de ter a cerna inequivocamente chantada na tradición, que permitiu á banda ser acollida con interese máis alá dos lindeiros cotiáns dese estilo musical. Por outra, o grupo constituíu o xérmolo de dúas das máis interesantes formacións que hoxe en día existen no folk galego: Carlos Núñez, que levou canda si a Pancho Álvarez e Diego Bouzón, e Berrogüetto, formación artellada por, entre outros, os ex-Matto Congrio Isaac Palacín, Santiago Cribeiro e Anxo Pintos, que recolleron o facho deixado pola súa antiga banda continuando a traxectoria polo vieiro da innovación e da fusión da tradición coas máis variadas influencias sonoras.

Video
http://www.youtube.com/watch?v=SaJCL7kukKs&feature=fvst
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.