O Carro

Grupo lugués que gravou dous discos na súa andaina, 'Manifesto', en 1977, e mais 'Brilo de anxos', en 1980. Neste segundo disco ten un gran protagonismo a obra literaria de Celso Emilio Ferreiro. A música d'O carro baseábase na preponderancia das voces e nunha instrumentación propia da música anglosaxoa, baixo e guitarra eléctricos, órgano, moi propia das formacións da época. Hoxe en día xa desaparecido.

Video
https://www.youtube.com/watch?v=MSO_5m-_9i0